A Figuración Galega De Irlanda (1840-1936)

Autor:
Xavier R. Madriñán
Editorial:
Editotrial Laiovento
ISBN
9788484875390
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
900
Formato
Rústica
44,95€

Dende hai case dous séculos Irlanda foi constituída polo galeguismo como un dos principais referentes simbólicos de Galicia. Fose como cotexo da miseria propia, como evidencia xustificativa da proclamada natureza céltica do país, como estímulo para a mobilización do campesiñado ou como paradigma da loita nacional, Irlanda acabou por se converter no discurso galeguista en modelo de inspiración para seguir Galicia. O emparellamento deliñou unha representación dos dous suxeitos como nacións irmás desde as mesmas orixes, semellantes nos trazos caracterizadores e no seu destino histórico. A xénese ideolóxico-política da comparanza asignáballe unha función confirmadora da lexitimidade e a pertinencia das propostas galeguistas, o que volvía o retrato irlandés dependente dos cambios contextuais. De tal xeito que, preservando os fundamentos que autorizaban a relación de afinidade, a figura galega de Irlanda experimentou unha serie de adaptacións no decurso do tempo, amosando a súa natureza con