A Fuxida

Autor:
Berta Dávila
Editorial:
Biblos Clube De Lectores
ISBN
9788415086437
Idioma
Gallego
Formato
Otros
17,90€

O relato deste libro e as ilustracións pretende achegalos sen truculencias nin medos á realidade dun dos máis terribles dramas que agochan todas as guerras, o dos desprazados, e o sufrimento que representa de xeito especial para os menores. Di Berta Dávila que A Fuxida é “unha historia sobre a guerra escrita para nenos e nenas que fan preguntas, para os que se interrogan sobre o que acontece. Mais tamén é a historia dunha aventura, a da nena Nadia e a da súa familia, que teñen que fuxir e deixar atrás o seu mundo. E, sobre todo, a dos que nunca se renden, a dos que reconstrúen un lugar onde ser felices de novo porque saben que o importante é estaren xuntos, porque coñecen o segredo da ilusión e son capaces de comezar outra vez”