A Galicia deseñada

Autor
Marcos Dopico Castro, Cibrán Rico López, Suso Vázquez Gómez
Editorial
UNIVERSIDADE DE A CORUÑA UNIVERSIDAD DE
ISBN
9788497498623
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
699
Formato
Rústica
Peso
780 gr
Dimensiones
190 x 110 x 40 cm
25,00€

A Galicia deseñada é un percurso único pola historia e cultura do deseño galego, narrado a través dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a entender como evolucionou o noso patrimonio visual. Esta obra nace coa vontade de contribuír á creación dunha historiografía do deseño galego e de ofrecer un catálogo de referencia para a divulgación, consulta e inspiración para as deseñadoras e deseñadores do presente e do futuro. Organizada en cinco períodos históricos —dos antecedentes á contemporaneidade—, a publicación non só traza unha secuencia narrativa coherente, senón que tamén busca establecer pontes entre épocas, interpretando a historia como un relato colectivo. O volume, de 700 páxinas, divídese en tres partes: unha primeira, con textos que exploran a nosa memoria gráfica no contexto dos grandes movementos globais; unha segunda, que presenta cen marcas acompañadas de explicacións contextuais; e unha terceira, de 250 páxinas, que reúne fotografías de aplicacións gráficas en soportes tan diversos como carteis, libros ou obxectos. A Galicia deseñada é, en último termo, unha invitación a tomar conciencia do noso patrimonio gráfico e a celebrar o deseño como unha ferramenta esencial ao servizo da sociedade.
libros mas destacados (147) , novedades (92)