A Historia Interminable


Se precisas un refuxio de fantasía, de aventuras, de valentía, de superación? déixate levar polos protagonistas desta historia, que non rematará ata que a túa imaxinación o permita. A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreyu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e de Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, para xuntos darlle forma a unha das grandes creacións da literatura de todos os tempos.