A Incrible Viaxe Das Plantas.(Nova)

Autor:
ww,aa Stefano Mancuso
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788417388942
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
17,00€

O que sabemos das plantas é moi pouco e este pouco é erróneo. Estamos convencidos de que as plantas non son capaces de percibir o ambiente que as rodea, cando a realidade é que son máis sensibles ca os animais. Estamos seguros de que o seu é un mundo silencioso, carente da capacidade de comunicarse, e en cambio as plantas son grandes comunicadoras. Estamos certos de que non manteñen ningún tipo de relación social, pero son organismos autenticamente sociais. Sobre todo, estamos segurísimos de que as plantas permanecen inmóbiles. Nisto somos inflexibles. As plantas non se moven. Basta con observalas. Non é precisamente esta a gran diferenza entre os organismos animais (é dicir, animados, dotados de movemento) e os vexetais?