A Irrelixiosidade En Occidente: A Súa Historia E V

Autor:
FLAVIO LÓPEZ LÓPEZ
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484875994
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
321
Formato
Rústica
17,95€

A presente obra trata unha materia, a irrelixiosidade, usualmente ignorada ou só obxecto de aproximacións moi parciais, en contraste claro coa abundancia de estudos sobre as manifestación relixiosas ou mesmo da literatura que ten o ateísmo e a inexistencia de deus como centro. O fenómeno da irrelixiosidade vai estreitamente unido á non necesidade da idea ou instrumento de deus para podermos arrostrar a existencia humana, en contraste co seu contrario -a relixiosidade- en que se alicerzan e fundamentan o conxunto das relixións do mundo occidental de que formamos parte. A análise céntrase no devir histórico da irrelixiosidade desde os seus primordios, con atención ao mundo clásico grecorromano, en que se manifesta unha relativa ou até notábel tolerancia das posicións irrelixiosas ou ateístas. Ese cadro mundo para a marcada intolerancia característica do pensamento único cristián, que deu lugar a unha asañada e a miúdo sanguenta represión, só superada cando emerxe o iluminismo e comezan os movementos revolucionarios propios da modernidade.