A Morte Da Terra

Autor:
J.H. Rosny o maior
Editorial:
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494971334
Idioma
Publicado
2019
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
9,00€

A morte da Terra publicouse orixinalmente na revista Les Annales politiques et littéraires, e en 1912 nun volume realizado pola Librairie Plon, que foi a primeira das moitas reedicións que coñecería o relato. Trátase dunha visionaria obra de anticipación que describe un posible final para a Terra e, chegado o momento no que a auga se converte no ben máis prezado, a desaparición da especie humana. Nun futuro indeterminado, os mares ocupan tan só un cuarto da superficie da Terra. Ríos e lagos desapareceron e unha sucesión de catástrofes reduciu a humanidade a uns cantos millóns de individuos pasivos e mansos espallados por todo o planeta coma nas primeiras idades e confinados en oasis. Os superviventes viven agrupados en tribos cunhas estritas regras, sempre en loita contra os enigmáticos e ameazantes ferromagnéticos, conformados por materia magnética procedente dos ferros industriais e devoradores de glóbulos vermellos. Targ parte coa súa familia cara a Terras-Vermellas, onde talvez a vida aínda sexa posible. O relato non deixa espazo para a esperanza da salvación, pois a única solución do ser humano, para evitar o sufrimento, é a eutanasia. Nesta realidade sombría, agroma o amor entre Targ e Êré e o seu propósito de escapar dunha morte certa.