A Pequena Compaña

Autor:
Carlos Labraña
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788417824044
Idioma
Nº de páginas
0
Formato
Cartoné
15,00€

Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Pero desta antiga lenda nunca oíran falar Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, uns nenos que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá. Isto cambiará coa chegada de dúas personaxes retortas que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén. Serán quen de conseguilo? Esta divertida e máxica peza de Carlos Labraña resultou gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro Infantil convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas.