A Porta De Europa

Autor:
Sabela Muñiz
Editorial:
Redelibros
ISBN
9788494053849
Idioma
Gallego
Nº de páginas
277
Formato
Rústica
15,00€

Máis de dous mil anos despois de que os emporia galaicos fosen importantes lugares estratéxicos para as transaccións comerciais entre diferentes comunidades, Galicia segue a ser un punto estratéxico para a distribución de mercadorías. Os anos gloriosos dos clans da droga quedan atrás, e un futuro incerto planea sobre o territorio. Os enfrontamentos entre os que queren recobrar aqueles días de prestixio e poder e os que pretenden evolucionar cara unha nova estrutura organizativa, fanse cada vez máis fortes augurando o peor. As costas galegas, noutrora elixidas polos cárteles colombianos para abastecer o continente europeo, foron abandonadas ante un aumento da seguridade e da represión por parte das Autoridades orixinando o traslado das descargas cara países cunha lexislación e vixilancia máis corruptas. Agora, convértense, de novo, en obxectivo dos diferentes cárteles para acadar o dominio de Europa. Neste escenario convulso de mafias e loitas, transcorren as vidas dos personaxes desta historia.