A Rocha Imantada

Autor:
Xavier Seoane
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484871712
Idioma
Gallego
Nº de páginas
105
Formato
Rústica
12,00€

Sinopse O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con Irispaxaros / Ara Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal. O aforismo é unha iluminación. Un pequeno cruxol. Un bisturí verbal. Unha vaga secreción dese licor descoñecido que a todos, maxicamente, nos vai caendo da maleta do destino ou da mesa braseiro da vida. Como é posíbel que, nun tempo tan vertixinoso como o presente, non estea máis difundido un xénero tan áxil, que aspira á expresión das cousas dunha maneira sintética e rápida?