A Rula, O Peluche E A Nena

Autor:
Paco Martín
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499148229
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
104
Formato
Rústica
11,50€

Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña. Foi a primeira en botar a cabeciña fóra do niño feito polos seus pais na póla dun vello carballo que había por tras dunha casiña de fiestras verdes. O prime iro que viron os ollos de Airosiña, ademais do ceo azul, das nubes brancas, e da silueta malva das montañas ao lonxe, foron os cristais que pechaban unha galería e, por tras deles, un obxecto de curiosa feitura. As leccións dos pais non lle chegan a Airosiña, que devece por saber que hai tras dos cristais da galería. A súa inmensa curiosidade e espírito de aventura lévana a seguir paso a paso unha das experiencias máis marabillosas que pode ter calquera ser vivo: o nacemento dunha nova vida, a de Jimena.