A ílla de San Simón, dende 1936 campo de concentración e cárcere, perdeu a súa vella historia, cenobio e lazareto, para converterse en memoria da incivil guerra. Aquí sufriron e morreron, soñaron e desesperaron, centos de homes por ser fieis á súa patria e a unha Constitución que tamén xuraran os seus carceleiros.