Alicia & Alicia

Autor:
Paula (1972- ) Carballeira Cabana
Editorial:
Morgante Edicions
ISBN
9788493781699
Idioma
Publicado
2015
Nº de páginas
86
Formato
Rústica
10,00€

Unha tarde… se cadra unha mañá… Alicia deixou de ser a que era e volveuse outra. Ou ao mellor sempre houbo dúas Alicias. O Coello Branco, o Rato, a Eiruga Azul, a Cociñeira, a Duquesa, o Gato de Cheshire, a Lebre, o Grifón, a Tartaruga Artificial e, por suposto, a Raíña de Corazóns, comparten co Sombreireiro a súa tolemia, o seu enfado co tempo, son personaxes sen pasado nin futuro, viven no presente desa Alicia que corre para fuxir de quen é. E Alicia vólvese espectadora e intérprete dese xogo entre o seu presente, o seu pasado e o seu futuro.