Amendoas E Flores Silvestres (Meiga Moira)

Autor:
David D. Vazquez Alvarez
Editorial:
Edicions A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A.
ISBN
9788496893757
Idioma
Nº de páginas
328
Formato
Rústica
11,80€

Sinopse Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para poder ser armado cabaleiro. Coñece polo seu avó, o mago, o druída, as historias do rei Arturo e a existencia do Santo Graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de Alba, decidida, tamén, a romper co pasado, coas ataduras das tradicións e do destino que para ela marcou o seu pai, o conde. Xuntos van descubrir onde se agocha a verdadeira liberdade...