Anamnese

Autor:
Eli Rios
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478246403
Idioma
Publicado
2014
Nº de páginas
168
Formato
Rústica
6,00€

pecho as pantallas do computador e tento respirar o aire da realidade ricoeur grita nos meus tímpanos TI TAMÉN ES POSTHEGELIANA a casa o home esquecido o can a muller sen recordos os nervios o tempo o poema carver e tess sentan nas cadeiras da cociña enfronte do portátil sen un convite formal falan entre eles dos gritos nomes sabas e a ferida mortal como se non me visen comprenden explican a recolección a diseminación da intención motivo fin movemento causa acontecemento coa naturalidade de quen se sabe eterno beben o meu ribeiro en copas de champaña e non me queda máis que sentarme a escoitalos no silencio do amencer o fume do tabaco anubra a lámpada de baixo consumo nas paredes esvaran pingas condensadas de palabras sen sentido carver pide máis viño en cuncas de barro o can quere unha tirita e o poema inacabado garda unha pausa pregúntolle a tess se van quedar para abrir o sofá cama e responde eu só son unha convidada textual viñen aquí para lembrarche os orgasmos do home esquecido o tempo e a memoria deciden cando nos has escribir