Antípodas

Autor:
Xosé Vázquez Pintor
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499148021
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
248
Formato
Rústica
17,00€

Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda –o seu can–, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.