Antonio Tovar Conversas Cun Vello Revoltado

Autor:
Xosé Manuel Del Caño
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482888064
Idioma
Gallego
Nº de páginas
264
Formato
Rústica
18,50€

Sinopse Antonio Tovar é unha das grandes voces poéticas da Galicia da segunda metade do século XX, amais de autor do ''Diario íntimo dun vello revoltado'', libro no que, como afirma Xesús Alonso Montero, amosa unha radicalidade e lucidez insólitas no noso mapa literario. Estas conversas son froito dun traballo pouco frecuente no xornalismo galego: entrevistar durante corenta e oito semanas a un escritor. Xosé Manuel del Caño recolleu as opinións e lembranzas do poeta no período que vai de abril do ano 2002 a febreiro do 2003, ofrecéndonos unha viaxe dialogada pola vida e obra literaria dun autor de personalidade auténtica e senlleira.