Apocalipse Z, Os Dias Escuros

Autor:
Manel Loureiro
Editorial:
Urco Editora
ISBN
9788415699446
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
368
Formato
Rústica
18,00€

Sinopse Os superviventes de Apocalipse Z. O comezo da fin conseguen finalmente chegar ás illas Canarias, unha das últimas zonas libres de Non Mortos. Porén, o que alí van atopar é un estado militar nun ambiente de pre-guerra civil e cunha poboación sen apenas recursos para sobrevivir. Os altos mandos deciden pór en marcha unha misión case que suicida: voar até Madrid para se fornecer de medicinas no hospital La Paz,un dos primeiros Puntos Seguros en caer e onde se almacenan por milleiros. Para levar a cabo esta misión deberán contar coa habilidade de Pritchenko como piloto. O avogado protagonista, ao verse na obriga de acompañar o impredicíbel ucraíno para garantir o éxito da misión, terá que deixar atrás a súa querida Lucía e o seu gato Lúculo. Daquela abandonará así a relativa seguridade da illa para volver a se enfrontar aos zombis ataviado novamente co traxe de neopreno.