Areaquente

Autor:
An Alfaya
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478245796
Idioma
Gallego
Publicado
2009
Nº de páginas
187
Formato
Rústica
12,00€

Sinopse O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area; Areaquente, un mundo propio forxado por personaxes que vagan nun antes, nun durante en un despois perpetuos, nesa irrealidade real de ficción e verdade, maxistralmente ben tecida por An Alfaya, quen, palabra a palabra, nos conduce polos camiños da dor eterna, da soidade e do illamento dos seres do páramo. Así, a través da historia dos amores cruzados entre Bernarda, Filomena, Primitivo, Elixio e Aurelio, espectros nun mundo sen tempo, asistimos aos seus soños, temores, angustias, traizóns e lembranzas para decatarnos de que todo é arrastrado cara ao nada, cara ao lado escuro dese espazo que se transformou en luz. Precisamente será con esa luz coa que debuxe as imaxes Cristovo do Val, eterno buscador de fotos con cheiro. Esta obra foi elixida gañadora do Premio Lueiro Rey de Novela Curta, organizado polo Concello do Grove, por un xurado presidido por Manuel Quintáns Suárez, e do que formaron parte Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo Cuba, Ánxela Gracián e Ramón Caride Ogando, gañador da convocatoria anterior, actuando como secretario, con voz e sen voto, Antón Mascato, concelleiro de Cultura, e que se reuniu no Grove o día 6 de abril do 2009. A entrega do premio será o próximo 13 de novembro, venres, na Casa da Cultura do Grove