As cousas polo nome

Autor
Rebekka Salm
Editorial
Edicións Laiovento
ISBN
9788484877431
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
181
Formato
Rústica
Colección
COLECCION XERAL
Traductor
Laureano Araujo
Dimensiones
210 x 140 cm
19,95€

"Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío pillaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Por iso, esta é a historia". Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación. "As cousas polo nome" publicouse por primeira vez en 2002. Tivo unha excelente acollida, até o punto de que estivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisión pública suíza.