AS CUNCHAS BALEIRAS

Autor:
Branca Novoneyra
Editorial:
Chan Da Polvora
ISBN
9788412590593
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
123
Formato
Rústica
19,00€

As cunchas baleiras recolle poemas que Branca Novoneyra escribiu ao longo da última década. Algunas veces o poema desaparece, non queda nada (ou case), agás o que ela, como autora, pode soster no tempo. En certo modo, este libro funcionaría como unha antoloxía onde aparecen os poemas que, ao seu xuízo, resistiron esa peneira. Branca Novoneyra está a favor do silencio poético para encontrar a palabra xusta. Non lle interesa producir libros, senón concentrar a palabra, tensala, probala no tempo e, se é verdadeira, logo gardala. Interésalle a linguaxe simbólica e mítica da poesía da imaxinación, a utilidade da beleza da que fala Kathleen Raine, a mente salvaxe de Gary Snyder e o pensamento raposo de Ted Hughes.