AS ILUMINACIÓNS

Autor
Arthur Rimbaud
Editorial
Faktoria K De Libros
ISBN
9788419213464
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
119
Formato
Rústica
Colección
Tambo
Traductor
Tamara Andrés; Oriana Méndez
Ilustrador (portada)
Miguel Galano
Peso
215 gr
Dimensiones
14,5 x 21 cm
14,00€

XXII PREMIO DE TRADUCIÓN PLÁCIDO CASTRO 2023

O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu Une saison en enfer. Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da Beat Generation. Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera; traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero.

destacados (28) , novedades (16) , poesía (1) , traducción (1) , Premio Plácido Castro de Traducción (1) , Rimbaud (1)