As Irmandades Da Fala, Cen Anos Despois

Autor:
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
Editorial:
Universidade Da Coruña
ISBN
9788497496438
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
326
Formato
Rústica
17,00€

lebrar os cen anos de calquera iniciativa ligada á historia galega contemporánea é, de seu, un feito digno de mención, mais se o que se está a lembrar é o nacemento e consolidación da primeira organización que proclama o carácter nacional da Galiza e, por tanto, a súa condición de suxeito colectivo soberano, a efeméride pasa a ter un carácter fundamental. Foi, xustamente, como contributo á celebración deste centenario que xurdiu no grupo ILLA (Investigación Lingüística e Literaria Galega) da Universidade da Coruña a idea de organizar o volume As Irmandades da Fala, cen anos despois, publicación que se vai presentar hoxe na cidade da Coruña. Concibido desde o inicio baixo a vontade de subliñar o carácter interdisciplinar das liñas de actuación promovidas polas Irmandades, neste libro colaboran especialistas en diferentes ámbitos de estudo. Son un conxunto de dezanove autoras e autores, moitos deles docentes nas Universidades da Coruña, Santiago, Vigo ou Estremadura, vinculados a institucións como a RAG, ás fundacións Vicente Risco ou Castelao ou ao coro Cántigas da Terra, entre outras: X. L. Axeitos, Justo Beramendi, Carlos L. Bernárdez, Carlos C. Biscainho, Ánxela Bugallo, M.ª Victoria Carballo-Calero, Uxío-Breogán Diéguez, Xosé A. Fraga, X. R. Freixeiro Mato, M.ª Pilar García Negro, Emilio X. Ínsua, Xoán López Viñas, Luis Martínez-Risco, Iolanda Ogando, Olivia Rodríguez, Ramón R. Palleiro (Moncho do Orzán), Xosé M. Sánchez Rei, Miguel A. Seixas e Laura Tato Fontaíña.