As Lembranzas Perdidas No Lago Antelväri

Autor:
Xosé Duncan
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491511601
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
227
Formato
Rústica
13,00€

As lembranzas é o que nos define, son a equipaxe que imos reunindo ao longo das nosas vidas e a peaxe que entregamos cando cruzamos a derradeira porta. Nas beiras do lago Antelväri vive un vello que non quere lembrar, que desexa borrar as feridas infrinxidas polo percorrer dos anos. Porén, a vida é un río de augas revoltas, que nos empurra até a desembocadura da Morte. Ás veces, canto máis queremos fuxir, maís caemos no pozo dos nosos medos. Para o vello Olavi o final está marcado nas profundidades do lago, alí onde moran os seres de luz, onde a aurora boreal mergulla as súas brillantes cores até fundilas coa escuridade que vén de alén das estrelas.