As Ramonas

Autor:
Ana Cabaleiro López
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491512042
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
17,60€

PREMIO GARCÍA BARROS 2018 Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con deseperación, a súa meta de triunfar no mundo da arte. A protagonista, sancionada coa perda do carné de conducir, non pode dispoñer de coche propio, polo que depende doutras persoas para desprazarse. Toda a historia que se narra en As ramonas emana do interior de sucesivos vehículos desde os que a protagonista nos vai amosando un rosario de factores que delimitan a súa existencia: a competitividade, a autoestima, os odios, a pobreza, a familia, o abandono, as aparencias, a falsidade do éxito, a dignidade. Mais Mona Otero é só un fío do nobelo no que se vai xuntando co outras ramonas -unhas veces complementarias, outras opostas- e a partir do cal van formando un complexo mundo de mulleres. A novela de Ana Cabaleiro é, ademais, o retrato dunha sociedade rural en mutación, cun pé asentado na tradición e nos lazos familiares e co outro alancando cara á globalización