As Viaxes Do Príncipe Azul

Autor:
Darío Xohán Cabana
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482888019
Idioma
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
10,30€

Sinopse As viaxes do príncipe azul conta a historia dun príncipe que non ten demasiadas ganas de selo. A el o que lle gusta é andar entre libros, conversar tranquila e demoradamente e ir pasando o tempo. Pero os seus pais non pensan que eses sexan labores suficientemente principescos e deciden mandalo polo mundo adiante a facer curriculum. Onde se viu un príncipe azul que non leve canda el un historial cheo de batallas contra dragóns, liberacións de princesas e pelexas con magos feiticeiros? O príncipe Cerúleo, que así se chama o protagonista desta historia, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer méritos...á súa maneira