Bautista Álvarez Obras Escollidas Volume III

Autor:
Bautista Álvarez
Editorial:
Fundación Bautista Álvarez De Estudos Nacionalistas
ISBN
9788461781904
Idioma
Español
Publicado
2017
Nº de páginas
311
Formato
Rústica
19,90€

En todas e cada unha das páxinas das Obras Escollidas latexa a paixón polo país (eis o titánico esforzo pola reconstrución do nacionalismo en plena ditadura fascista) e a vontade de contribuír para o enriquecemento do pensamento político soberanista (sempre na esteira de Castelao). Brilla tamén nelas un notábel talento literario, perceptíbel xa nas primeiras liñas do volume, un artigo publicado en La Región de Ourense en 1953. As Obras Escollidas recollen, así pois, artigos de opinión, discursos en asembleas nacionais do BNG ou nos Días da Patria e intervencións, algunhas delas verdadeiras pezas de oratoria, desde a tribuna do Parlamento da Galiza.