Bingo

Autor:
Pilar Beiro
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478245321
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Cartoné
12,50€

A nova colección de poesía Edoy Leliadoura que presenta Sotelo Blanco Edicións, con deseño de Andrés Meixide, quere ser, como o seu nome indica, herdeira e continuación do labor realizado pola histórica e dalgunha maneira xa mítica colección Leliadoura, na que se publicaron algúns dos libros máis importantes da poesía galega dos anos 1980, e que foi, tamén, testemuño e actor do renacer poético da Galiza daqueles anos. Conscientes do importante herdo recibido, Edoy Leliadoura aspira a ser o reflexo das diversas constelacións poéticas que atravesan e iluminan a poesía galega actual. Constelacións que están representadas nos primeiros volumes que hoxe presentamos da colección, ao tempo que non renuncia a pór en galego importantes voces da poesía universal. Hoxe, cando a poesía necesita máis lectores que defensores. Hoxe, como di John Berger, a poesía fala máis directamente á ferida que á prosa, esta nova colección quere gañar novos lectores para a poesía e ao tempo enorgullecerse de que os poetas publicados falasen directamente a esa ferida, máis profunda cada día, e de non ser indigna da súa antecesora.