Bolo-Bolo

Editorial:
Axóuxere
ISBN
9788494476303
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
226
Formato
Rústica
15,00€

En palabras de P.M., "é evidente que debemos construír comunidades máis pequenas, autónomas, comunidades autárquicas, para que os mecanismos da Máquina, diñeiro, grande industria e Estado se volvan innecesarios. Por outra banda, non é xa posíbel retornar á vida máis libre de cazadores e recolledores, porque as bases naturais están arruinadas e somos demasiado numerosos. Sobre o tamano destas comunidades (bolos), sobre a relación entre elas, sobre organismos adicionais, sobre o uso das tecnoloxías, etc., temos que poder conversar. Este é o obxectivo que bolo’bolo persegue." bolo'bolo, publicado en 1983, rapidamente convertido en clásico, constrúe, a través dunha linguaxe propia —o asa'pili— un contorno conceptual, simbólico, unha gramática do desexo nova para desenvolver aquilo ao que algúns chaman utopía e outros, coma nós, consideramos a realización de formas de vida despregantes, á marxe da patética e cruel MPT (Máquina Planetaria de Traballo) e da realpolitik neoliberal. Como di Hakim Bey "Un mundo no que a TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) teña éxito en sentar raíces podería asemellarse ao mundo imaxinado por P.M. no seu bolo'bolo." Sobre a autoría deste libro, podemos decir que P.M. son as iniciais máis comúns na guía de teléfonos de Zúrich. Por trás delas flúe a experiencia vital dunha persoa nutrida no espírito do Maio do 68, que co-creou e promoveu activamente espazos comunitarios durante o auxe dos movementos okupas na década dos 80, e que actualmente está implicada no desenvolvemento de proxectos colectivos urbanos e autónomos diversos. Podemos seguir a súa pegada, alén de en bolo'bolo, en Akiba (Paranoia City Verlag, 2007) ou a través de experiencias en proceso como o500.org.