Bosquexos Para Unha Distopía

Autor:
Alberte Momán Noval
Editorial:
Redelibros
ISBN
9788494341281
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
114
Formato
Rústica
9,99€

No proceso final da edición, comeza a materializarse este novo proxecto narrativo. Tres historias nas que, unha vez máis, convive a realidade e a fantasía, para representar a miña interpretación do mundo que me rodea. Un dos relatos cos que me gusta comezar a falar do conxunto, é a miña revisión da Alicia de Carrol. Que acontecería se Alicia nunca tivera baixado ao tobodo coello? Unha Alicia adulta e conscienteconduce a súa vida sorteando os obstáculos da violencia física e estrutural da que é vítima. Por outra banda, centrado nun coñecido establecemento hosteleiro de Lugo, Novembro móstrase como un relato de vidas cruzadas, que conflúen para contar cun apoio necesario. Por último, un relato como un eufemismo cruel e duro de como pode chegar a ser percibida a realidade.