Bretemada

Autor:
Gonzalo López Abente
Editorial:
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788489323735
Idioma
Gallego
Nº de páginas
227
Formato
Cartoné
20,00€

Sinopse “Un acontecemento literario de altísima importancia”. Así define este achádego editorial o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, no limiar a Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente, o escritor e activista cultural a quen en 1971 se lle adicaba o “Día das Letras Galegas”. O libro, integrado por cen poemas, foi escrito entre os anos 1917 e 1922. “Bretemada” é unha metonimia de Galicia. O mecanoscrito orixinal pertence á Real Academia Galega. O profesor e poeta Miro Villar é o responsable do estudo introdutorio e o coidado da edición. Esta obra, editada conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente, súmase á Colección Rescate, unha colección gañadora do Premio da Edición de Galicia en 2008 como “Mellor obra editorial do ano