Bruxas & Dragóns

Autor
Ledicia Costas
Editorial
TRIQUETA VERDE *
ISBN
9791387501426
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
288
Formato
Rústica
Ilustrador (portada)
Bea Gregores
Ilustrador (interior)
Bea Gregores
Dimensiones
150 x 210 cm
18,95€

Un libro que non só se le? tamén se xoga! Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben? ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia. Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.
libros mas destacados (165) , novedades (119)