Código Morse

Autor:
Xavier Alcalá
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498652581
Idioma
Gallego
Nº de páginas
340
Formato
Rústica
23,50€

Sinopse Nova edición, revisada polo autor, desta novela de aventuras e vida pacega que Xavier Alcalá publicara en 1996. O escritor mergulla os lectores nunha historia na que as mensaxes codificadas, os espellos e o trasmundo configuran un universo de misterio narrado con verosemellanza e capacidade para engaiolar. Nesta novela, Xavier Alcalá adéntrase con habelencia e eficacia de gran narrador nun relato de vida de pazo e aventuras polo mundo, de guerra e posguerra, de mudanzas sociais ata chegar case ao presente. Cambios sociais que fixeron abalar aquel universo aparentemente tranquilo da vida de pazo. O seu protagonista, un físico que só cre no que se pode formular e medir, conta unha historia de misterios, informulables e inmedibles. Xavier Alcalá descobre en Código morse a existencia dun segredo gardado por unha familia ao longo das xeracións, desde os tempos dun antepasado corsario. Un segredo cuxo coñecemento excita cobizas e mesmo leva ao crime. Un código e unha píntega mítica, que resiste ao lume, levan a mente cartesiana do narrador a resolver este enigma apaixonante. Segundo o crítico Xosé Antonio Ponte Far, prologuista da primeira edición da obra, Código morse é "unha novela sólida, de longo alento e amplo percorrido, consistente na súa exposición e ben resolta, de doada lectura e contido interesante