Cólera

Autor:
M. Xosé Queizán
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497826129
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
64
Formato
Rústica
15,10€

Sinopse Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio… A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos de concienca ideolóxica e represión brutal; xa que logo non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera. Pero, aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados dende o punto de vista masculino. Non podería escribirse desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión