Cómic E Literatura

Autor:
Red Temática De Investigación "Lijmi"
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788411101745
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
189
Formato
Rústica
28,50€

A considerada «novena arte» é o centro de interese de «Cómic e Literatura», o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Litetaruras Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de mediación entre o libro e a lectura. Aquelas persoas interesadas neste produto híbrido entre arte e literatura, coñecido como banda deseñada (BD), cómic, historieta ou historia en cadriños, entre outras formas, atoparán nesta publicación un conxunto de estudos panorámicos da situación da BD nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano. Tamén accederán a unha ampla selección de obras, que son exemplo de biografía gráfica literaria, de adaptación á BD de obras clásicas ou cómics atractivos formal ou tematicamente, e a un conxunto de vinte e catro análises pormenorizadas dalgún dos títulos máis significativos. «Cómic e Literatura» non deixa á marxe a importancia de educar literaria e artisticamente a partir da BD e ofrece pautas tamén nese sentido.