Cabalos De Vento. Curros De Pedra

Autor:
Javier Teniente Lago
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497829557
Idioma
Gallego
Nº de páginas
160
Formato
Cartoné
20,00€

Sinopse O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente desaparecido, desenvolveron en Cabalos de vento. Curros de pedra un inédito proxecto de creación visual: o de recoller en fotografía e debuxos a xornada dun curro. O resultado é este formidable e impactante volume de coidadísima edición, onde as fotografías en branco e negro de Teniente dialogan cos debuxos, iconos e textos poéticos de Xosé Guillermo reflectindo toda a fermosura do negro acibeche destes cabalos de vento. Dende a xuntanza das greas na mañanciña da fin de maio, baixo as néboas escuras e grises, até as tarefas de besteiros e aloitadores cando se espreguiza a tarde, este libro constitúe unha das testemuñas máis fermosas que se teñan feito nunca sobre o mundo do cabalo en Galicia e a cultura da rapa das besta.