Cabanillas / Otero Pedrayo. Na Noite Estrelecida /

Autor:
MANUEL CASTELAO MEXUTO MANUEL CASTELAO MEXUTO/MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
Editorial:
Editotrial Laiovento
ISBN
9788484875598
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
24,95€

Todo o fulgor da época "Nós" fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en "Na noite estrelecida", as "sagas" artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido "Arredor de si". Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político-cultural, e deu á luz unha obra-prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade.