Caderno Do Nilo

Autor:
Cesáreo Sánchez Iglesias
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499145396
Idioma
Gallego
Nº de páginas
144
Formato
Rústica
18,00€

En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz. Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida pola beleza, e constitúese nun itinerario transformador, que estimula no poeta a interrogación e procura «buscar algo que amar. Facer da viaxe morada». A través das páxinas de Caderno do Nilo percíbese unha viaxe poética ao tempo e simultaneamente unha estadía fóra do tempo que se relambe na aprendizaxe, na frescura da pedra fría que foi fogar dos deuses, e que permite habitar descoñecidos desertos que agochamos no noso interior. Só na megápole do Cairo aparece o cotián, convivindo o pasado, o presente e o futuro nun corpo vivo con feridas e cicatrices. Logo da viaxe, o poeta resulta transformado porque o Nilo que atravesa o deserto sedimenta na súa alma un desexo de nudez.