Calella Sen Saída

Autor:
Víctor Omgbá
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482888460
Idioma
Gallego
Nº de páginas
232
Formato
Rústica
13,75€

Sinopse Este primeiro libro de Omgbá é unha narración realista, dura e emotiva sobre a vida dos inmigrantes africanos en España, contada dende dentro por un dos seus protagonistas. O narrador desta historia é un mozo africano que chega a Europa coa intención de seguir cursando os estudios que iniciou no seu país natal. Pero a súa ilusión axiña se esvae cando ve que está forzado a entrar no mundo do traballo precario e a converterse nun inmigrante sen papeis, nun ilegal. Esta crónica novelada, en boa medida autobiográfica, dá conta da vida dos que veñen ó noso país sen papeis pero cheos de esperanza. Ponnos en contacto cun mundo moi próximo e, á vez, mal coñecido.