Cantar De Ruodlieb

Autor:
Maite Jiménez
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866878
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
149
Formato
Rústica
15,00€

Sinopse 

O Cantar de Ruodlieb é un poema épico en latín escrito no último terzo do século XI en territorio alemán. Esta obra pecha o ciclo da épica latina carolinxia, da que o Cantar de Valtario foi unha testemuña excelsa.

Distanciado claramente da épica latina medieval, o poema inaugura o riquísimo ciclo de narracións épicas en francés pertencentes ás materias de Bretaña e de Francia, e á épica xermánica tamén en lingua vernácula do Cantar dos Nibelungos ou do Parzival. Por estas razóns foi cualificado en moitas ocasións como a primeira novela cortés da literatura occidental e o cabaleiro protagonista coma o primeiro heroe cortés.

Ruodlieb é unha amálgama de elementos de xéneros diversos e tradicións diferentes: epopea, espello de cabaleiros, lenda, conto popular, fábula, poema didáctico, saga, e moito máis. É indubidable que o autor do Ruodlieb quería contar unha historia diferente,  compoñer algo moderno e que sobre todo gozaba co oficio de escribir.