Cantas Pingas Na Cicade!

Autor:
Eva Montanari
Editorial:
Editora Oqo
ISBN
9788498711523
Idioma
Gallego
Nº de páginas
36
Formato
Cartoné
14,90€

Sinopse Despois dun longo sono, espertan e senten curiosidade polo que hai abaixo na cidade. Lánzanse desde as nubes, cornezan a caer: unha, dúas, tres... Cantas pingas na cidade! permite capturar un instante da vida dunha serie de personaxes entrañables e delicados a través da descarga desde unha nube dunha pequena chuvieira, que ben podería ser de verán. Texto e imaxes de Eva Montanari recrean cunha especial carga poética a aventura que emprenden as pequenas pingas (ata 10!) que preceden a unha pequena chuvieira, que chegan sen ser vistas como algo que amole ou como algo inoportuno por aqueles a quen lles toca sopórtalas. A autora, que tamén é ilustradora, propón un traballo plástico de carácter escultórico con diferentes materiais -papel, cerámica...- que se impón de forma espectacular, e ocupa rotundamente a dobre páxina deseñada en función da verticalidade das figuras humanas que representan unha batería de personaxes fantásticos mimetizados coa cidade, aínda que recoñecibles na súa vertente humana. O texto de Eva Montanari lémbranos a importancia de saber divertirse e gozar coas pequenas cousas, ao tempo que as imaxes permiten afondar en espazos dun peculiar sabor urbano. E o proxecto, no seu conxunto, é tamén unha boa escusa para se achegar ás matemáticas dun xeito dinámico e divertido.