Cantiga Para Ja: Place De La Revolution

Autor:
Jean-Pierre Sarrazac Christina Mirjol
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497822107
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
11,10€

Sinopse “Cantiga para JA”, escrita por Jean-Pierre Sarrazac en colaboración con Cristina Mirjol, artéllase en torno a tres claves fundamentais. A utopía, a cantiga e a praza. A utopía, un lugar onde a harmonía remata cos conflitos. A cantiga, percorrido retrospectivo polas principais revolucións sociais do século XX. A praza que, ademais de ser o lugar fñisico onde se desenvolve a acción, simboliza todas aquelas prazas que foron testemuñas de momentos históricos nos que confluíron violencia, amor e revolta. Unha peza que é expresión da utopía da convivencia e da revolución que inventou Jose Afonso a través da reescritura libre da historia recente de Portugal. Este texto, que agora se publica dentro da colección teatral de Xerais e do Centro Dramático Galego, serviu de base para o espectáculo coproducido polo CDG, Companhia de teatro de Braga e “Coimbra, Capital nacional de Cultura, 2003) e foi estreado en Coímbra o 29 de decembro de 2003. Para a crítica Inma López Silva “cada un dos personaxes de Cantiga para JA remite a unha desas contradicións contemporáneas que veñen amosar a íntima relación entre progreso e perda de valores éticos. Jean-Pierre Sarrazac realiza así o seu particular canto á revolución, unha revolución que ultrapasa o 25 de abril e que ultrapasa a revolta popular (lida polos inventores de 1789). Trátase dunha revolución interna, moral, que dá sentido á utopía