Cantos De Maldoror E Poesías

Autor:
Francisco Sampedro
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484870883
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
136
Formato
Rústica
16,00€

Sinopse Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que se oen a un mesmo tempo os laídos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura. Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. O verbo, xa non o estilo, sofre con Lautréaumont unha crise fundamental, marca unha volta a comezar. A súa obra funciona coma unha panca na situación que se deseña, pois, mellor que Victor Hugo, demostra que mediante unha especie de maxia verbal ou de verbalismo encantatorio, a razón e capaz de mudadza e a lóxica da disolución. O sentido extraordinariamente positivo da contribución de Lautréamont consiste nunha avalancha de materiais bruto, aínda asolagados de xemas soterradas, de materiais para construír o Home completo. Esta imaxinación só parece pasar polos libros para reunir as grandes constelacións cuxas obras conservan a influencia, os feixes de imaxinación impersoal que ningún volume de autor pode inmobilizar e confiscar no seu proveito. Poderíase en certo sentido, se se quixer insistir sobre a forza explosiva da obra, falar dunha operación de ''dinamitaxe'' do relato polo discurso e reciprocamente.