Carmela E Os Ladrons

Autor:
Bernardino Graña
Editorial:
Morgante Edicions
ISBN
9788415166009
Idioma
Gallego
Nº de páginas
72
Formato
Rústica
10,00€

Nesta noveliña costumista Bernardino Graña retoma a esencia dos relatos populares e galegos e proxéctaa nunha narración máis ampla na que teñen cabida personaxes prototípicos, como a rapariga pretendida por varios mozos ou o emigrante que regresa á vila tras prosperar no estranxeiro. Un texto breve enriquecido pola lingua vizosa e sabedeira do académico de Cangas do Morrazo.Bernardino Graña (Cangas, 1932), catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio, desde os dezaoito anos formou parte, con Celso Emilio Ferreiro, do Consello de Redacción da revista Alba. Foi premiado varias veces nas Festas Minervais de Santiago. En 1958 participa na fundación do Grupo Brais Pinto e publica o seu primeiro libro. Foi o impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.