CASTELOS DE CRISTAL

Autor
Sandra Ferreiro García
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411763233
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
148
Formato
Rústica
Colección
COSTA OESTE
Peso
189 gr
15,10€

Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún camiñante que se atreva a internarse no caos e recolla os restos desas historias perdidas. Sandra Ferreiro constrúe, en Castelos de cristal, uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego.