Catas Na Memoria A Persecucion Franquista No Val Miñor

Autor:
CARLOS MEIXOME
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L. Xunta De Galicia*
ISBN
9788484875055
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
243
Formato
Rústica
24,95€

A persecución franquista no Val de Miñor Durante anos a memoria, como un fío de Ariadna, andou a turrar de min. Xurdindo en intranscendentes conversas de boa veciñanza, nas lecturas de libros de amigos ou entre saloucos agoniados polo fogar ausente, profundando a sensación de inxustiza que comete un estado autoproclamado democrático coa cidadanía perseguida por un réxime que concentrou e expandiu todas as perversións do século pasado. Agora, co pouso do tempo, refago, reelaboro escritos sobre a criminal persecución franquista no Val de Miñor esbozados en momentos de intensa actividade memorialista, consciente de que o labor non só non está esgotado, senón que a memoria aínda non virou en historia.