Chairas Sucesións

Autor:
Oriana Méndez
Editorial:
Chan Da Polvora
ISBN
9788412686364
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
19,00€

chairas sucesións é a máis ambiciosa das entregas poéticas de Oriana Méndez, unha poeta que nos últimos anos transita os lindes máis afiados da poesía. Desde a publicación de Interna, o libro previo a chaira sucesión, a poeta optou por desviar o punto de vista dende o plural cara ao individual, do nós ao eu, do fenómeno externo ao que acontece por dentro. Tamén hai un tránsito dende a escrita do maiúsculo –o histórico, o colectivo, o común– cara ao minúsculo: aquilo que só dous comparten. Estamos ante unha historia de dous que se amplifica no pensamento poético de quen escribe e o libro é o acontecemento que supón descubrirse, de súpeto, en relación ao outro e ao propio acto poético. O acontecemento exteriorízase dalgunha maneira na escrita do mesmo xeito que sucede cando un sentimento, favorable ou doloroso, se transforma en cerimonia. A chaira, é dicir, o encontro, adquire unha forma propia e exenta, acrisolada tamén, que é a deste libro obsesionado co plano poético das cousas. O volume conta cun posfacio de Maria do Cebreiro, quen subliña que estamos ante “un libro sobre o amor e sobre as escuridades do amor, que son a condición de posibilidade dos seus pro- pios recomezos”. Trátase, engade María do Cebreiro, dunha “ocasión para o reencontro coa mellor tradición de pensamento poético, político e amoroso do novo século. Aquela que, como na ética de Alain Badiou, atopa na arela de infinito a única contestación posible ao capital. Ante a finitude das cousas, é a apertura aos outros a que nos salva. Ao tempo traducible e intraducible, a comunidade dos amantes de Oriana Méndez impónsenos como un fondo desexo de verdade”.