Chuvia Mansa

Autor:
Xoan Ramon Diaz
Editorial:
Editorial Tris Tram, S.L.
ISBN
9788489377639
Idioma
Gallego
Nº de páginas
174
Formato
Rústica
12,75€

Chuvia Mansa é o segundo libro de Xoán Ramón Díaz protagonizado por Manolo Meiriño. O primeiro foi A Xeada Negra. Segue, como non, liña da novela negra, con personaxes reais do Lugo dos 80. Unha novela con ingredientes realistas, esperpénticos, humorísticos e cinematográficos en canto a que a intriga está sempre presente ata o final. Unha cousa queda clara: Manolo Meiriño non é un detective privado. Manolo Meiriño é un moinante. Despois de ler estes dous libros, pouco ou nada saberemos deste escuro personaxe. Diríase que Xoán Ramón Díaz escatima deliberadamente calquera tipo de data caracterizador. Do seu aspecto físico non di nada. Apenas algunha vaga alusión ao xeito de mirar, aunha complexión muscular moi localizada, ao desleixo no vestir. Haberá de ser o propio lector que dea forma ao corpo e ao rostro de Manolo Meiriño. En canto á súa catadura moral non se mostra nin máis xeneroso nin tampouco máis explícito. Con todo, os actos e as palabras de Meiriño permitirán deducir unha personalidade a todas luces ambigua, pero, sen dúbida, avaliable. No tocante ao seu pasado, pouca cousa se lle achega, tamén, ao lector. A pertenza a unha clase media menestral permítelle realizar estudios universitarios, que ao parecer nunca rematou. No en tanto, semella un home dotado coa suficiente bagaxe cultural, e que non despreza as boas lecturas, e amosa unha exquisita formación musical, de melómano e de instrumentista. E pouco máis. A lectura de Chuvia Mansa, complementada coa de Xeada Negra, se o lector sente desexos dunha aproximación máis cumplida ao personaxe de Xoán Ramón díaz, falarán, sen dúbida, a que a ela se entregue, dun home que comezou demasiado pronto a viaxe de volta cara a ningures, cando apenas sí tiña iniciado a viaxe de ida.