Comando Igualdade

Autor:
Chis Oliveira Chis Oliveira/Priscila Retamozo
Editorial:
Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega Chis Oliveira
ISBN
9788412249972
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
169
Formato
Rústica
19,50€

«O Comando foi fogar», «no Comando descubrín todas esas violencias que me atravesaban dende sempre», «non sería a activista que son agora se non fose por el». En Vigo, leva anos xestándose un comando revolucionario que busca a igualdade de xénero e que marca para sempre a vida dunha mocidade que quere un cambio. Neste libro, Chis Oliveira e Priscila Retamozo contan a historia do Comando Igualdade. Descubre o porqué da súa formación, descubre os valores que promove e comeza a ver o mundo a través dunhas lentes violetas que… unha vez postas, non has quitar xamais. Un manual introdutorio para xente moza, e non tan moza, interesada en mudar a realidade patriarcal. A revolución comeza nas aulas!