O primeiro día nunha escola asturiana o mestre, castelanfalante, ensina as vogais. O e aparece á vez que un ourizo ocupa o encerado. «Es la e de?». Os gua?es, sen dubidalo, retrucan: ¡ye la e de curcuspín!
Mario Obrero retrata con este exemplo a convivencia entre as linguas do Estado. Con e de curcuspín está composto por varias cartas de amor á diversidade lingüística e recoñece a admirable tenacidade do galego, aragonés, catalán, aranés, asturiano, estremeño e éuscaro por existiren.